Nin a miña madriña nin eu tivemos moitos problemas con servizos ou empresas, pero é imposible non ter algún nunca. No meu caso, coas compañías aéreas, e no caso de Bea con bancos e compañías de telefonía.
O meu caso foi hai pouco tempo, cando mercamos uns amigos e mais eu uns billetes de avión para ir a Cracovia, Polonia, con Wizzair, que é a versión húngara de Ryanair. Custaron só seis euros ida e volta, e todo ben até que dúas semanas antes da data do viaxe mandaron un correo dicindo que cancelaban o vóo e de feito toda a ruta. E nós cos hostáis xa pagados e todo. Así que chamamos a atención ao cliente da compañía unhas cantas veces -e a un número de Reino Unido, polo que saiu por un ollo da cara- até que por fin dixeron que devolvía os cartos do billete, pero que polos hostais non podían facer nada. Aínda así, hoxe en día non volvín ver aqueles cartos, logo de varias reclamacións.
Bea tivo problemas con Vodafone e co Banco Santander. Con Vodafone, o que lle pasara é que moitas mensaxes aparecían duplicadas na factura, e que cando chamaba a ver que pasaba, dicíanlle que era cuestión do seu móbil, que estaba estropeado. Mais logo de chamar, nunca lle voltou a pasar, todo un misterio… E un tempo despois, tivo que estar chamando cada mes durante medio ano para que lle corrixiran a factura que estaba mal, e até ameazar con mudar de compañía non llo solucionaron.
E co Santander, pasoulle que estando recién chegada ao Erasmus, a tarxeta non lle funcionaba porque estaba bloqueada, así que non tiña xeito de sacar cartos e non coñecía a ningúen con confianza dabondo para perdir prestado cartos. Así que estivo unha semana comendo pan con queixo e leite con bolachas. Chamaba a todas horas á Atención ao Cliente do Santander -un 902 no que te teñen agardando moitísimo tempo-, só para que lle deran largas, tanto que tivo unha factura de teléfono de 500 euros aquel mes da que como non podía ser doutro xeito, o banco non se fixo responsable. Ao final, e por mágoa, arranxoulle o problema o rapaz que traballaba na oficina do Campus de Vigo.