Bos dias a todos!
Hoxe cóntovos un pouco de como son os sitios onde vivo eu e onde vive a miña madriña Lucía.
Eu vivo nunha residencia de estudantes situada na “Südstadt” (parte da cidade no sur de Tübingen), e Lucía vive nunha pequena casa no campus da universidade de Limerick (a cidade de Limerick está no oeste de Irlanda, case na costa, atravesada polo rio Shannon). Eu comparto apartamento con tres estudantes, un de filoloxía inglesa e dous de medicina, mentres Lucía vive soa, mais está sempre rodeada de xente: compañeiros de traballo, amigos, etc..
O meu cuarto só ten uns quince metros cadrados, pero ten tamén terraza cunha fermosa vista ao sur con panorama do campos verdes e viñedos. Gústame moito porque podo saír de casa para dar unha volta o deitarme nos prados cando o sol brila. Creo que de momento é a forma ideal de vivir para min porque gústame o ambiente de estudantes e o feito de ter compañeiros de cuarto, pero ao mesmo tempo non é una residencia de moita festa se non máis ben tranquila. A casa de Lucía é moi pequena tamén, pero ten de todo: cociña, baño e un cuarto no que cada metro está aproveitado con armarios, estanterías e caixóns de todo tipo; e coma a miña casa, está situada nunha zona preciosa: na entrada do campus que é unha zona rodeada de árbores co rio ao fondo. Sempre que pode gústalle pasear polo río e respirar ar fresco. É unha zona moi tranquila, só oe un ou dous coches ao día. Así, as nosas casas son perfectas para estudar e traballar!
Resulta que me gusta vivir en Tübingen aínda que sexa unha cidade pequena porque Tübingen ten moita vida cultural e nótase que a terceira parte da poboación son estudantes, pero ao mesmo tempo, Tübingen non ten os inconvenientes de cidades grandes como por exemplo moi tráfico ou moito ruído. Iso si, se tivese cartos para poder vivir en calquera outro sitio, querería ter unha casa pequena cun xardín, cunha cesta de baloncesto, e con moitas xanelas para ter moita luz, situada nunha cidade grande preto do mar, pero a casa nunha parte tranquila e verde da cidade, preto dun parque ou fraga por exemplo. Pero para isto, aínda non teño os cartos; e se non fágome director de cine famoso ou profesor na universidade, nunca terei esta casa. A casa ideal de Lucía non estaría en Irlanda, se non en Galicia, onde fai unha pouca máis de calor e ela ten a praia máis preto. Gustaríalle vivir nunha casiña coa súa horta e os seus animais. Mais para iso ten que esperar uns aniños coma min
Pero está ben soñar un pouco, ou non?
Saúdos
jan