Sobre as probas CELGA 2010

Ola a todas!

No mes de novembro serán as probas para conseguir os Certificados de Lingua Galega (CELGA) de todos os niveis.

Se estades interesadas (espero que si) en facer as probas do CELGA en Tübingen (ou noutra cidade europea) ou queredes máis información podedes descargar a convocatoria premendo nesta ligazón:

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/resolucion_22xaneiro10_probasCelga.pdf

Se tedes máis dúbidas, mandádeme unha mensaxe de correo-e.

Celga

Moi boas a todas as persoas que participades! Para vós vai esta pregunta, que supoño que tamén se fai/fixo alguén máis: como, onde e cando podo apuntarme para facer o exame do Celga aquí en Tübingen?

Fun á páxina de información dos exames oficiais coa ligazón de Galicingen, pero só teño atopado información para a xente que se presentará ao exame en Vigo, etc. Sabedes como o ten que facelo a xente que estamos no estranxeiro?

Grazas por adiantado! Todas as aportacións son benvidas :)

Feliz verán!

Queridos alumnos e alumnas e visitantes de Galicingen:
Quería desexarvos unhas boas vacacións (merecédelas!).
Espero que sexades moi felices e que aproveitedes o verán para practicardes galego.
Tamén podedes seguir escribindo opinións, novas, comentarios ou o que queirades neste blog.
Agardo os vosos textos!
Un saúdo,
Aitor

Gústanos viaxar!

Ola a todos!

Hoxe cóntovos un pouco de como son os meus gustos e os gustos da miña madriña Lucía cando trátase de viaxar polo mundo.

A verdade é que me gusta moito viaxar. Cando era pequeno, pasamos os veráns nun cámping nunha illa na “Ostsee” (o mar do norte de Alemaña) ou nun cámping nas montañas suízas situado a non máis de cinco quilómetros da cidade de St. Moritz. Fixemos excursións nas montañas ou tomamos baños no mar. Pero isto era máis ben “ir de vacacións” e non viaxar. A miña primeira viaxe verdadeira foi a Túnez cando tiña 10 anos. Gustoume moito o mar e toda a area atrás da costa. Máis tarde, fun a Londres, a Suráfrica e a Andalucía coa miña nai en viaxes guiadas, e tamén fun a Praga cun grupo de amigos, pero non foi ata cando tiña 19 anos e acabara o meu servizo social nun orfanato en Guatemala que realmente din coa forma de viaxar que máis me gustou.

Fixemos unha viaxe de Guatemala ata Venezuela (pasando por Nicaragua, Costa Rica, Panamá e Colombia) un amigo e eu, só coas nosas mochilas empregando tódolos medios de transporte posibles: autobús, avión, coches facendo autostop, e tamén as nosas propias pernas. Non tiñamos unha ruta planificada, só viaxabamos do día a día descansando nos sitios que máis nos gustaban ou onde pararamos ao final do día. Creo que fixemos bo equipo porque eramos bos amigos, sabiamos falar perfectamente o español de América e xa viviramos máis dun ano no país e sabiamos as prácticas da xente e os trucos para viaxar máis barato. Aínda que non vimos todos os sitios turísticos, vimos máis da vida da xente do país, atopámosnos con persoas interesantes en cada sitio novo, e realmente coñecemos o país porque non paramos só nos sitios turísticos.

Despois, viaxei a Suíza e ao sur de Francia, a Berlín, Leipzig, Dresden e Hamburgo, a Barcelona, pola Costa Brava e polas Illas Baleares, a Aragón, a Madrid e a Copenhaguen, a Galicia, a Islandia e a Suecia… pero creo o que máis me gustou foi a viaxe por América Central. Non era só a compaña perfecta (nin en soidade, nin en grupo), pero tamén a mestura perfecta de visitar cidades grandes (coma Panamá, Cartagena ou Caracas) e vilas do interior dos países, lugares descoñecidos coma o Parque Nacional Corcovado (un verdadeiro paraíso no sur de Costa Rica) e lugares famosos coma o Canal de Panamá – e todo isto máis coma viaxeiros e menos coma turistas. A experiencia máis fermosa que recordo é tamén desta viaxe: a excursión duns seis días a unha mesa enorme (o “Roraima”) da “Gran Sabana” no sur de Venezuela. Se tivese os cartos e o tempo, gustaríame volver a facer algo parecido.

…to be continued!

A la miña madriña tamén gústalle moito viaxar.

Dende pequena tivo a sorte de viaxar moito. Os seus pais sempre lles levaron de vacacións tódolos veráns a distintas partes de España e tamén a Portugal. Cando xa foi máis vella comecou a ir ao extranxeiro cos seus irmáns. Pasaron moitos veráns en distintos países para aprender idiomas: Irlanda, Inglaterra, Estados Unidos, Bélxica, Alemaña… O que máis lle gusta de viaxar é coñecer outra xente e outras culturas.

Non lle gustan moito os sitios típicamente para turistas, prefire coñecer sitios máis orixinais con xente do propio sitio. Case sempre cando viaxa non para en hoteis, normalmente quédase na casa dalgún amigo ou coñecido (que son os mellores guías turísticos de calquer sitio, como di a miña madriña).

O que menos lle gusta das viaxes é o tempo que se perde en aeroportos, estacións… Aínda que se ten boa compañía non lle importa moito.

Unha das viaxes que máis recorda foi unha que fixeron a San Franciso, en California. Alí estiveron vivindo cunha familia americana durante un mes e probou o famoso estilo americano de vida (coas súas cousas boas e malas). Foi con varios amigos e cun dos seus irmáns e pasáronlo moi ben nas diversas visitas a outras cidades que fixeron.

Paradóxicamente as súas viaxes preferidas agora son ás que retorna á casa, xa que a maior parte do ano vive fóra. Cada vez que retorna tenta visitar algo da súa rexión que non coñece (algunha vila pequena, algunha praia escondida, algún festival, etc).

A próxima viaxe que ten programada é á India en decembro …a verdade é: gustaría moito xuntarme!!!!

As nosas casas

Eu vivo soa nun pequeno piso no centro de Tübingen. É unha casa bastante antiga no casco vello. O piso encóntrase no último andar. Hay vigas moi pintorescas que forman parte do teito e que están sempre cheas de polvos. Ademáis téimome que haxa algún bicho que vive dentro das vigas… en inverno, vai un frío de carallo porque a casa está moi mal aislada. Pero a xente que entrou na miña casa sempre estaba encantada co bonito que é o meu piso. A verdade é que para min é moi importante que me sente ben na miña casa e por iso tamén pasei xa moitas horas en decorar, arreglar e limpar a miña casa.

Non sempre vivín soa, pero funme bastante cedo da casa dos meus pais. Compartín casa con outros estudantes, cunha familia para quen traballaba coidando os fillos, cun novio que tiven – aínda que tamén había moitos momentos felices, sempre acabou habendo problemas, mal rollo e conflictos. Creo que non estou feita para compartir casa. Son pouco tolerante, aínda que tampouco son a compañeira de piso ideal. A única persoa coa cal quisiera compartir casa sería co meu mozo – pero como non teño vivo soa e estou bastante contenta con esta situación. Cando necesito descansar, descanso; cando quero poñer a música, fágono; cando quero cociñar as tres da noite, podo facelo sen problemas; e cando estou harta de tanta soidade e independencia, quedo con xente o invítona a casa.

A miña madriña Déborah comparte as miñas opinións sobre a convivencia en piso. Ela acaba de compartir a vivenda en Francia e parece que había tantos problemas que agora estaba moi contenta de irse para sempre de Rennes e de volver a vivir co seu mozo en Vigo. As dúas somos persoas a quen lles molesta que a outra xente non limpa suficientemente; as dúas somos persoas que acaban limpando elas por xa non soportar o caos e a suciedade dos demáis. Entendo moi ben o que Déborah di sobre as relacións sociais que deberías ter coa xente que vive contigo: non nos parece nada ben vivir con xente coa cal non temos ningun tipo de relación, que non coñecemos nada; neste caso, como di Déborah, o trato sería frío e artificial. Pero para establecer unha relación persoal tes que invertir un pouco de tempo e de enerxía, por exemplo xantar ou cear xuntos a veces, falar de cousas que te interesan, que te molestan ou que te emocionan para saber un pouco quen é a persoa coa cal vives. Tamén estou de acordo que é máis fácil vivir con xente que comparte un pouco a túa visión e o teu estilo de vida. Por iso o máis fácil – polo menos se se trata de unha relación boa – o máis fácil é vivir coa parella.

Problemas con empresas

Nin a miña madriña nin eu tivemos moitos problemas con servizos ou empresas, pero é imposible non ter algún nunca. No meu caso, coas compañías aéreas, e no caso de Bea con bancos e compañías de telefonía.

O meu caso foi hai pouco tempo, cando mercamos uns amigos e mais eu uns billetes de avión para ir a Cracovia, Polonia, con Wizzair, que é a versión húngara de Ryanair. Custaron só seis euros ida e volta, e todo ben até que dúas semanas antes da data do viaxe mandaron un correo dicindo que cancelaban o vóo e de feito toda a ruta. E nós cos hostáis xa pagados e todo. Así que chamamos a atención ao cliente da compañía unhas cantas veces -e a un número de Reino Unido, polo que saiu por un ollo da cara- até que por fin dixeron que devolvía os cartos do billete, pero que polos hostais non podían facer nada. Aínda así, hoxe en día non volvín ver aqueles cartos, logo de varias reclamacións.

Bea tivo problemas con Vodafone e co Banco Santander. Con Vodafone, o que lle pasara é que moitas mensaxes aparecían duplicadas na factura, e que cando chamaba a ver que pasaba, dicíanlle que era cuestión do seu móbil, que estaba estropeado. Mais logo de chamar, nunca lle voltou a pasar, todo un misterio… E un tempo despois, tivo que estar chamando cada mes durante medio ano para que lle corrixiran a factura que estaba mal, e até ameazar con mudar de compañía non llo solucionaron.

E co Santander, pasoulle que estando recién chegada ao Erasmus, a tarxeta non lle funcionaba porque estaba bloqueada, así que non tiña xeito de sacar cartos e non coñecía a ningúen con confianza dabondo para perdir prestado cartos. Así que estivo unha semana comendo pan con queixo e leite con bolachas. Chamaba a todas horas á Atención ao Cliente do Santander -un 902 no que te teñen agardando moitísimo tempo-, só para que lle deran largas, tanto que tivo unha factura de teléfono de 500 euros aquel mes da que como non podía ser doutro xeito, o banco non se fixo responsable. Ao final, e por mágoa, arranxoulle o problema o rapaz que traballaba na oficina do Campus de Vigo.

Os sitios onde vivimos

Bos dias a todos!

Hoxe cóntovos un pouco de como son os sitios onde vivo eu e onde vive a miña madriña Lucía.

Eu vivo nunha residencia de estudantes situada na “Südstadt” (parte da cidade no sur de Tübingen), e Lucía vive nunha pequena casa no campus da universidade de Limerick (a cidade de Limerick está no oeste de Irlanda, case na costa, atravesada polo rio Shannon). Eu comparto apartamento con tres estudantes, un de filoloxía inglesa e dous de medicina, mentres Lucía vive soa, mais está sempre rodeada de xente: compañeiros de traballo, amigos, etc..

O meu cuarto só ten uns quince metros cadrados, pero ten tamén terraza cunha fermosa vista ao sur con panorama do campos verdes e viñedos. Gústame moito porque podo saír de casa para dar unha volta o deitarme nos prados cando o sol brila. Creo que de momento é a forma ideal de vivir para min porque gústame o ambiente de estudantes e o feito de ter compañeiros de cuarto, pero ao mesmo tempo non é una residencia de moita festa se non máis ben tranquila. A casa de Lucía é moi pequena tamén, pero ten de todo: cociña, baño e un cuarto no que cada metro está aproveitado con armarios, estanterías e caixóns de todo tipo; e coma a miña casa, está situada nunha zona preciosa: na entrada do campus que é unha zona rodeada de árbores co rio ao fondo. Sempre que pode gústalle pasear polo río e respirar ar fresco. É unha zona moi tranquila, só oe un ou dous coches ao día. Así, as nosas casas son perfectas para estudar e traballar!

Resulta que me gusta vivir en Tübingen aínda que sexa unha cidade pequena porque Tübingen ten moita vida cultural e nótase que a terceira parte da poboación son estudantes, pero ao mesmo tempo, Tübingen non ten os inconvenientes de cidades grandes como por exemplo moi tráfico ou moito ruído. Iso si, se tivese cartos para poder vivir en calquera outro sitio, querería ter unha casa pequena cun xardín, cunha cesta de baloncesto, e con moitas xanelas para ter moita luz, situada nunha cidade grande preto do mar, pero a casa nunha parte tranquila e verde da cidade, preto dun parque ou fraga por exemplo. Pero para isto, aínda non teño os cartos; e se non fágome director de cine famoso ou profesor na universidade, nunca terei esta casa. A casa ideal de Lucía non estaría en Irlanda, se non en Galicia, onde fai unha pouca máis de calor e ela ten a praia máis preto. Gustaríalle vivir nunha casiña coa súa horta e os seus animais. Mais para iso ten que esperar uns aniños coma min ;-) Pero está ben soñar un pouco, ou non?

Saúdos

jan

Problemas coas compañías aéreas!

Como xa contei algunha vez, tería que acabar a carreira este ano e por iso, a mediados de abril, tiven que voar a Galiza, xa que tiña o acto de licenciatura. As datas coincidían de marabilla, porque xa aproveitaba  e quedaba uns días máis despois da Semana santa, e podía ir ó acto. Desde Tübingen, se queremos voar directos a Galiza dun xeito económico temos que coller o voo de Frankfurt-Hahn até Santiago, liña operada pola compañía de baixo coste máis coñecida de Europa. Así que púxenme mans á obra e entrei en internet para mercar o meu pasaxe e o do meu mozo.

O problema xurdiu cando xa metera todos os meus datos, os do meu mozo e os da tarxeta para pagar. Apareceu unha pantalla de erro que dicía que tiña que comprobar o meu correo electrónico para saber se mercara os billetes. Non tiña ningún correo, pero aínda así intentei mirar en xestión de reservas da páxina web da compañía. Non me deixaba acceder á reserva, polo que intentei mercar de novo os voos. Mesma pantalla de erro, ningunha mensaxe na bandexa de entrada do meu correo, e seguía sen poder acceder á reserva.

Uns días máis tarde entrei outra vez na páxina, para repetir o proceso, pero entón a mensaxe cambiou. Dicía que non podía realizar o pago coa miña tarxeta e, como non podo ver os movementos da conta desde aquí, chamei aos meus pais para que intentaran ver que pasaba. E o que pasou é que tiña o cargo polas dúas veces que intentei mercar os voos e estaba sen saldo dispoñíbel na tarxeta. E, por suposto, eu seguía sen ter os meus billetes.

Entón comezou a odisea de chamadas ao servizo ao cliente. Moitas veces agardaba e agardaba e non había resposta. Outras tantas, a teleoperadora desviábame a outro número de teléfono que sempre estaba comunicando. Despois de case unha semana chamando sen parar e sen poder solucionalo atopei unha rapaza que o solucionou nun intre. Dous minutos falando con ela e xa tiña o número de reserva dos meus voos e a confirmación por email de que me devolverían o resto do diñeiro.

E esta é a miña experiencia. A miña madriña, pola contra e afortunadamente, non tivo nunca ningún problema deste tipo, aínda que o seu irmán si. Contoume que foi a Londres desde Porto cando a nube volcánica colapsou media Europa. No aeroporto dicían que poderían voar na data, na compañía que non o sabía e que tiña que ir ao aeroporto e a ver que pasaba…el, intentaba explicar que para chegar ó aeroporto tiña que conducir 150 quilómetros e que se chegaba e ao final non podían ir pois xa vos imaxinades. Ademais pensaba que como lle podían dicir iso xa que se podía colapsar o aeroporto. Despois de múltiples chamadas (ben cobradas todas elas) confirmáronlle que podían voar na data e a hora adecuadas pero foron uns días terribles… e eu podo confirmalo, porque xa é mala sorte que a min tamén me pillou o volcán cando quería volver a Alemaña!

As nosas casas

Ola a todos,

agora vou falar sobre a miña casa de Tübingen.   Vivo nunha residencia de estudantes, nun cuarto pequeno, mais moi acolledor.  O edificio está en WHO, unha montaña de Tübingen onde hai unha especie de aldea de estudantes, con moitas casas e moitos mozos e mozas que viven aquí.

Os meus compañeiros de piso, cos que comparto a cociña, son tamén estudantes e de diferente nacionalidade (de Alemaña, do Brasil, de Turquía).  Non temos moita relación nin amistade, só saudámonos cando nos topamos na cociña ou no corredor. A casa ten ao arredor outros edificios e casas, algún parque pequeno e moitos árbores.  Ademais eu vivo nun 14 e podo ver pola miña ventá bosque, mais montañas, unha parte da cidade de Tübingen e incluso outras vilas vindeiras.

O que máis me gusta é que podo vivir soa e que no meu cuarto teño o espacio suficiente para vivir e non necesito máis.  Mais doutra banda, o que menos me gusta é que como vivimos todos os estudantes moi preto sempre chama alguén ou hai algo que facer e ao final estudo menos do que debería…

Eu agora prefiro vivir soa o con amigos, mais de momento só podo facelo aquí, porque cando chegue outra vez a Madrid terei que vivir na casa cos meus pais.  É moi difícil independizarse en Madrid:  todos os pisos son moi caros, ademais dos contratos lixos e a falta de boas bolsas…  i agora coa crise máis.

Xesús vive na Galiza, en Ribadavia,  na casa da súa nai coa súa nai e o seu irmán.  Vive nun piso con bastante tranquilidade, xa que se trata dunha vila non moi grande.

Sobre as cidades grandes e as vilas eu sempre preferin as vilas ou as cidades pequenas. Isto pode soar un pouco estraño xa que eu vivo en Madrid, mais non me gustan nada as cidades grandes porque son moi extresantes e penso que illan ás persoas. En troco, nas vilas, aldeas e cidades pequenas hai un ambiente máis acolledor e de familiaridade entre a xente e son mais tranquilas.

A xesús gustaríalle vivir en calquera lugar onde fose feliz, daríalle igual se fose nunha cidade grande ou pequena ou se fose nunha aldea.  Se tivese moitos cartos tamén daríalle igual, porque continuaría a vivir con austeridad, xa que o feito de ter cartos non lle levaría a ter unha gran mansión.  O único que querería sería estar rodeado da súa xente.  A min se tivese moitos cartos tamén daríame igual e seguiría a vivir nunha casa pequena e co necesario para vivir,  iso si, sobre onde querería que estivese esa casa bastaríame con que fose nun lugar bonito.

Problemas, problemas!

O meu padriño, como xa dixera noutras ocasións, é o lector de galego na Habana. Mais antes de chegar á illa tivera bastantes problemas. Ao principio tiña un volante (un visado especial), que segundo a universidade era suficiente para viaxar a Cuba, xa que ía da súa parte, e cando el chegase xa estaría alguén no aeroporto.

Aínda que desconfiaba, Emilio foi a Compostela, dende onde saía o avión con escala en Madrid. Pero xa tiveron que ir en taxi á Coruña por problemas co avión. As maletas foran facturadas de tódolos xeitos en Compostela! Cando lle pediron o visado no aeroporto, tivo que contarlles todo e aínda así non o deixaban voar. Pero despois de nove meses de agardar pola viaxe, Emilio non quería ficar na Galiza. Así que insistiu, e metérono nun taxi outra vez cara a Santiago, para coller o avión. Vaia leria! Xa en Madrid, os axentes da seguridade cubana pedíronlle o famoso visado, el contoulles o que pasaba e… Dixéronlle que non podía voar! Aínda chamaron aos xefes na Habana, que repetían o mesmo: sen visado n0n se podía mover do Estado español. E a maleta xa no avión!

O mellor veu despois: a solución máxica, déronlla os traballadores de Iberia. Contáronlle que na oficina do Corte Inglés do aeroporto podía mercar un visado a Cuba. El estaba, evidentemente, moi desconfiado: nove meses de espera e podía facelo nunha oficina calquera do Corte Inglés??? Ademáis, non só facían eles os visados, senón que tamén era Cuba o único estado que lles deixaba tramitalos!

Así que pagou relixiosamente os 61 euros que custaba o papel e voltou á oficina de Iberia de Barajas, que (non sen ter que insistir) lle pagou unha noite de hotel e a viaxe do día seguinte. Sorte que o erro fora do persoal de Compostela, que lle deixara subir no avión para Madrid!

E máis nada, chegou a Cuba un pouco tarde pero moi contento de poder chegar!

As Viaxes

Ola,

esta vez vou falar sobre as viaxes.  Ao meu padriño e a min gústanos moito viaxar e coñecer novos lugares.   A verdade é que el pode facelo dende hai ben pouco, porque antes non podía.  Claro que eu tamén estou a viaxar moito este ano porque estou a vivir a Alemaña, que se non non o faría.   Cando estou en Madrid normalmente non viaxo moito, só á miña vila de Guadalajara e se cadra a algunha cidade do Estado.

Xesús acostuma a viaxar moito co poder da mente, xa que a imaxinación é o medio de transporte que máis lle gusta porque pode levar a sitios impresionantes.  Anque para viaxar de forma metafísica gústalle moito o tren coma min.   A el gústalle pola familiaridade que hai nel, e a min porque debe ser parte da xermanización que se padece cando vives tanto tempo en Alemaña, xa que antes prefiría viaxar no barco.

Xesús pensa que cada viaxe require a súa compaña; hai viaxes que ten que facelas só e hai outras que prefire facer con compaña, mais cre que nunha viaxe o lugar convírtese en espectacular se a compaña é boa.  Eu tamén teño unha opinión parecida, sempre que viaxei con boa xente e bos amigos as viaxes foron máis divertidas e os lugares mellores.

Unha das cidades que viu Xesús e que máis lle gustou foi a cidade onde eu vivo: Tübingen :) !!  Pareciulle unha cidade preciosa e coma extraída dun conto, chea de harmonía e de ledicia.    Coma di algunha xente esta cidade debería chamarse Teletubingen.   Ademais é un sitio cheo de boa xente !

Gustoulle moito tamén Euskal Herria, un lugar onde estivo non hai moito tempo e a súa naturaleza e a boa compaña fixeron que fose un lugar estupendo.

A min dos lugares onde estiven sempre gustoume moito Alemaña e a súa cultura.  É certo ca min tamén encántame Tübingen e paréceme un dos lugares máis bonitos do país.  Tamén gustáronme outras cidades de aquí  como Heidelberg, Freiburg ou Dresden, mais sobre todo encántanme as pequenas vilas da selva negra e os alpes suavos (Schwäbische Alb).

Xesús ten interese en viaxar polo norte do Estado Español, de ir a Italia e aos países escandinavos e de coñecer algo do continente africano e da América do sul.  Eu agora prefiro aproveitar os meus últimos meses en Tübingen que facer viaxes, porque despois cando xa non estea neste lugar o botarei en falta.

Os nosos fogares

Aquí en Tübingen, eu vivo nun pequeno apartamento de 33 metros cadrados nunha residencia universitaria. Ten dúas estancias, un dormitorio e un comedor-cociña. Ao ser da Universidade, chegou amoblada co xusto: dúas camas, dous escritorios, dos armarios e dúas estanterías. Está un pouco afastada do que é a cidade, mais temos boas comunicacións en autobús, e en menos de 10 minutos pódese chegar ao centro. Pola contra, Bea está a vivir cos seus pais e coa súa irmá pequena en Vigo, aínda que o seu pai ao ser representante comercial só está na casa as fins de semana, e a sua irmá está estudando en Santiago, así que realmente só están na casa ela e mais a súa nai.

Ámbolos dous prefirimos vivir cos nosos amigos ou coa nosa parella. Eu é o que estou a facer agora, vivir coa miña moza, e Bea quixera facelo nun futuro. Pensa que non terá problema, xa que o seu mozo atúraa moi ben.

A Bea gustaríalle vivir nunha cidade de tamaño mediano, como Vigo ou A Coruña, pero tamén lle gustaría probar a sensación de vivir nunha gran cidade, co seu caos e sen atopar tanta xente coñecida pola rúa. Porén, non lle gustaría vivir nunha vila, porque aínda que levaría ben o de vivir soa ou case soa, ás veces sempre apetece ter cousas que facer e ir a bares con xente e ese tipo de cousas. A mín persoalmente, gustariame vivir nunha gran cidade, porque as experiencias de vivir nunha vila (Tübingen é unha vila grande mais non deixa de ser unha vila) e nunha cidade mediana (Coruña) xa as tiven. e se xa poidera elixir, Londres, Nova York, Berlín e Os Ánxeles estarían no alto da miña lista.

As nosas casas

Tanto a miña madriña coma min vivimos nos nosos propios pisos, máis ou menos lonxe da casa dos nosos pais. Mentres que ela vive en Vigo, os seus pais están en Celanova. No meu caso, a distancia é un pouco maior, xa que eu vivo en Tübingen e os meus pais na Coruña.

O meu piso é máis pequeno que o de Laura. Eu só teño unha habitación separada do comedor-cociña por unhas portas de deslizamento, que cando están abertas unen case completamente os dous espazos e cando están pechadas os aislan completamente. Ademáis teño un baño pequeniño. Ao ser un piso da universidade (de feito é unha especie de residencia de estudantes), non ten máis mobles que os necesarios para vivir: una cama, dous armarios, dúas mesas de estudo, unha mesiña para comer, unhas cadeiras, e pouco máis. Bótase en falta un salón co seu sofá, mais xa estou bastante afeita a vivir co que temos, se total só é por un ano. En cambio ela vive nun piso un pouco máis grande, con dous dormitorios, un baño e un salón-cociña. A verdade é que non lle gusta moito que estea todo xunto, mais xa está acostumada.

A miña madriña vive no centro da cidade, mentres que eu vivo un pouco afastada do núcleo urbán, no alto dun pequeno monte. É por iso que desde a miña fiestra só vexo árbores, e onte até apareceu un esquío pola rúa! A pesar de tanta natureza, non estamos aillados. Vivimos nun barrio cheo de edificios nos que só viven estudantes, polo que a tranquilidade desaparece polas noites, con festas e berros.

Laura vive ela soa en Vigo. Eu, pola contra, vivo co meu mozo. Os dous somos estudantes Erasmus e compartimos piso desde que nos mudamos a Alemaña en outubro. A min non me gustaría vivir soa, xa que normalmente prefiro o contacto coa xente, ter alguén con quen falar.

A Laura gústalle moito Vigo, pero tamén di que nun futuro, cando forme unha familia e teña fillos, prefire vivir nunha casiña con xardín. Eu penso o mesmo que ela, aínda que tampouco me importaría seguir vivindo nunha cidade pequena.

Tería que viaxar máis

Unha cousa é segura: tería que viaxar máis. Dáme un pouco vergonza o pouco que viaxei os últimos anos. Sobre todo porque daquela – cando era aínda estudante – pensaba sempre que non viaxaba tanto por non ter suficientes cartos; pero agora que son xa unha aburguesada cun soldo fixo e bastante bo iso xa non vale como excusa. Agora o problema é o tempo e o canseira. Traballo moitísimo. Ademáis non vivo preto da miña familia: por iso cando teño vacacions non parto para horizontes afastados senón para o norte de Alemaña para ver a familia e para ver aos amigos de cando era nova e ilusionada. Ay! Cando vou alí, normalmente tampouco estou verdadeiramente ‚de vacacions‘. Alí teño máis tempo libre e quedo bastante coa xente pero sempre teño que redactar algunha publicación ou hay un montón de exames que teño que correxir. O peor eran os últimos tres anos – os anos da tese! Sempre tiña algo que facer. Espero que iso cambie un pouco agora.

Sen embargo, xa viaxei na miña vida, claro está. E cada ano intento saír de Alemaña – polo menos unha vez ao ano. Pero sendo prisioneira da miña profesión – son profe de español e de francés – toucame sempre ir a Francia ou a España. Que sorte que os meus pais viaxesen comigo a algun país nórdico cando era aínda unha nena! Porque é pouco probable que viaxe ao norte no futuro. Xa coñezo bastante ben Francia e España – pero aínda quedan sitios para visitar. E ademáis – outra vergonza a confesar – nunca estiven en Italia nin en Portugal. Os dous continentes americanos tamén están pendentes. Teño moitas ganas de ir, ou mellor dito: de estar porque viaxar no sentido de ‘tomar un transporte para moverme no espazo‘ non me mola moito. Estrésame e cánsame. Sobre todo cando os avions salen moi cedo… Por iso cando chego a onde sexa, chego moi, moi cansa e sempre necesito un ou dous días para descansar antes de poder disfrutar da estancia. É un rollo… Pero viaxar no sentido de ‚estar fóra‘, de visitar cidades e paisaxes descoñecidas, de estar coa xente ‚indíxena‘, de visitar museos e parques, de tomar cafés, cervexas e cócteles en algun bar guay ou nunha terraza cunha vista preciosa –  si, isto gústame bastante. Eu non me calificaría de ‚aventureira‘, mais ben de viaxeira bohemia lixeramente aburguesada que sabe disfrutar do seu diñeiro acumulado e dos poucos momentos libres que ten.

Viaxes

Tanto á miña madriña coma a min encántanos viaxar, percorrer o mundo coñecendo novas cidades e culturas.

Ámbalas dúas coincidimos en algúns dos sitios que visitamos. De feito, Laura estivo en Tübingen hai un par de anos visitando a Aitor, e xa aproveitou para facer unha escapadiña a Munich e Berlín. Curiosamente, eses son algúns dos primeiros sitios que visitei eu nada máis chegar a Alemaña! Tamén coñecemos bastantes cidades da Península Ibérica, aínda que teño a impresión de que ela coñece Portugal un pouquiño mellor ca min. Pero no resto non temos nada en común. Ela estivo en Roma, Londres, París e, hai moi pouquiño, en Pompeia. Eu puiden visitar Amsterdam, Milán, Zagreb e Ljubljana.

Á hora do que nos gusta facer durante as viaxes tamén somos moi parecidas. Ás dúas encántamos camiñar polas cidades, coñecer até as máis pequenas rúas. O problema diso é o canso que chegas logo ao hotel, e que é case imposíbel ir de copas ou dar unha volta pola noite. Laura di que chega á casa con tantas ganas de durmir que necesita uns días de descanso postvacacional!

A cidade que máis lle gustou á miña madriña foi Londres, non porque sexa a máis bonita, senón porque é a que máis pegada deixou en ela. Eu penso que eu tamén adoraría Londres, polo seu ambiente sobre todo, pero polo de agora a cidade que máis me marcou foi Berlín. Alí respírase historia en cada rúa, en cada praza, en cada construción…

En canto ao aloxamento, Laura aproveita que ten amigos por toda Europa para ir visitalos e ter unha casa acolledora na que durmir. Pola outra banda, eu teño que decantarme sempre polos hostais máis baratos que, na maioría das veces, non son os mellores. Afacerse a durmir con dez descoñecidos é raro, pero é a única forma de durmir por ahí cando es Erasmus.

A miña madriña xa quere cruzar o charco en vindeiras viaxes, e visitar Washington e Nova York. Tamén quere ir a Sudamérica, xa que ten familia en Arxentina, Venezuela e Uruguai. Eu tamén querería visitar os Estados Unidos, mais creo que é complicado facelo pronto. Gústame tamén Asia, e é posíbel que visite Acerbaixán, xa que unha prima miña vai vivir alí un par de anos.

onde vivimos

Tanto Emilio coma eu vivimos no estranxeiro, e polo tanto falarei das casas onde estamos a vivir agora, non nas que deixamos nos nosos países. Ámbolos dous compartimos piso: el, cunha familia cubana (o que é máis normal, na Habana), e eu con dous estudantes alemáns. Emilio vive moi preto da lectora de catalán, Maria, que por certo é unha rapaza extraordinaria!

As nosas casas son moi diferentes entre elas: a de Emilio é ao primeiro piso dun edificio, mentres que a miña é unha planta baixa. El non teñe terraza coma min, pero sí dous balcóns; dende un deles ve un pouco do malecón! A miña casa, e tamén o meu cuarto, da a uns invernadoiros e a unha rúa moi, moi tranquila.

Outra diferencia entre nós é que Emilio vive no barrio dos negros (no Cayo Hueso), por onde os brancos non adoitan pasar moito.  En cambio, eu vivo no Weststadt, unha zona residencial de familias alemás e brancas, branquísimas. Di Emilio que cando saía os primeiros días á rúa, sentía que todos o miraban, pero xa non: integrouse tanto no seu barrio como na cidade en xeral.

A xente da súa casa é agora coma unha nova familia para el: a dona da vivenda, Magaly, que tamén traballa na universidade (como secretaria, e axúdalle moito no día a día); e mais os fillos de ela, que xa son adultos. Cos estudantes con quen vivo eu, non é realmente coma unha familia. Vivimos baixo o mesmo tello, e pouco máis. Temos horarios moi diferentes, e coido que tamén os intereses non coinciden moito. Pero son boa xente e por agora nos entendemos. Gustaríame ter unha situación semellante á de Emilio, pero sen tanta calor! :)

O sitio onde vivo (Rudolf)

Ola, que tal vai todo?

Xa nos mudabamos varias veces, cada vez un pouco para máis preto do lugar de traballo, pero onde vivimos agora, parécenos definitivo: é nunha casa propia con tres pisos. Con tóda-las cousas que levabamos – os suevos non somos capables  de botar calquera cousa  ao lixo que se podería aínda usar – precisamos deste espazo abundante. E o que é de importancia igual: pódese tocar o piano deica e mesmo á medianoite.

O xardín que a rodea necesitaría algo máis cultivo, pero os páxaros están moi contentos alí – que mási queredes?

Na aldeia cos seis mil habitantes pódese mercar case todo, e iso en poucos minutos a pé. Chégase á próxima cidade co coche ou autobús nun carto de hora.

Gústanos moito vivir xuntos, pero con bastante espazo, e.d. cada un da familia ten o seu propio cuarto, o que antes non era o caso nos apartamentos da cidade.

Paréceme que a miña madriña ten preferencias moi semellantes, inda que teña moito menos espazo á súa disposición. Polo momento ela ten que contentarse co seu cuarto bastante pequeno onde pode estar e sentirse realmente soa, incluso para traballar.

As vantaxes de vivir nunha casa cun xardín, para nós reais, son para ela un soño aínda a realizarse, mais gústalle non obstante vivir na súa cidade non grande de máis, e onde pode imaxinarse seguir vivindo para sempre.

Nós xa decidimos quedarnos neste noso sitio, e as cidades fulminantes, as montañas, os países exóticos…? – pois ben, reservámolos para as viaxes, volvéndonos despois á nosa “illa da calma”.

E vós – todos máis xoves? Deséxovos moito pracer na vida nocturna urbana, mundana, cosmopolitana..

Cun saúdo – Rudolf

O traballo ideal

O meu padriño e mais eu temos experiencias laborais moi diferentes.   Xesús ten catro anos máis ca min e xa tivo moitos traballos na súa vida, xa que sempre puido estudar e traballar.   Empezou traballando nas viñas coma xornaleiro, na extinción de lumes nos montes e de caixeiro nun supermercado.  Despois, cando sacou o título de técnico superior en integración social tivo a oportunidade de traballar no eido do social e comezou no campo das drogas traballando como educador nun piso de acollida para persoas con VIH.  Tamén traballou como educador nun piso de Proxecto Home.

En troques eu non puiden facer o mesmo.  Aínda estou a estudar filoloxía na universidade.  Eu soamente traballei durante nos anos da carreira dando clases particulares, coidando nenos pequenos ou facendo algúns traballos soltos e dun día.  Os meus pais non queren que traballe moito mentras estou a estudar na universidade, porque eles tiveron que facelo e non puideron estudar ben e co tempo suficiente.

Xesús, ademais, traballou nun proxecto piloto de reducción de danos no consumo de drogas e este traballo foi un dos traballos onde se sintiu máis realizado.  Tamén estivo como dinamizador da igualdade para a Xunta de Galiza e impartía obradoiros de igualdade de oportunidades e de violencia de xénero nas asociaciones de mulleres.  Neste traballo puido aprender moitas cousas sobre as mulleres.  Doutra banda e relacionado con este tema, traballou tamén nunha federación polos intereses das mulleres rurais.

A Xesús gústalle moito o traballo no eido do social e o que máis lle gusta do seu traballo actual son as persoas para as que traballa:  nenos e mozos.

Eu cando remate a miña carreira aínda non sei que facer porque me gustan moitas cousas.  Creo que o meu traballo ideal podería estar relacionado coa investigación ou có eido artístico.  Gustaríame moito investigar no campo da lingüística,  traballar coma tradutora ou escribir guións de cine.  Para min non é tan importante o contacto coa xente no traballo.  Prefiro un traballo individual, pero que despois teña repercusión social.  E o máis importante, que non teña un horario moi fixo e monótono e se pode ser, que poida vivir en moitas cidades diferentes.  Deste xeito non me sentirei sempre na mesma rutina e poderei ter tempo libre.

Sobre viaxes

Unha das cousas en común que temos a miña madriña e mais eu foi que ambolos dous estivemos de Erasmus, ela en Coimbra, Portugal e eu Tübingen, Alemaña. Alén diso, tanto a ela coma a mín encántanos viaxar, e estivemos en moitos países: quitando España, eu en Portugal, Eslovaquia, Croacia, Suíza, Francia, Italia e por suposto Alemaña, e ela nos mesmos quitando Croacia e engadindo Inglaterra e Austria.

O sitio que máis lle gustou a Bea foi Italia e tamén Lisboa, xa lugares cheas de monumentos, casas preciosas, paisaxes bucólicas e sobre todo, clima soleado en primavera e verán son os que máis lle gustan. En troques, a mín gustoume moitísimo Berlín, polo aire de multiculturalidade que ten e polo contraste que hai entre a carga histórica e a arquitectura moderna. Pero onde realmente me gusta vivir, e gustaríame quedarme todo o tempo que poida despois de Erasmus é Tübingen, xa que o aire estudiantil e cultural que hai na cidade é abraiante. Porén, a Bea gustaríalle nunha cidade nin grande nin pequena, nada estresante, nin modernísima nin só edificios históricos, que teña catro estacións pero suaves, e sobre todo que haxa luz todo o ano, e que a xente e as cousas á facer sexa boa, civilizada e divertida, pero aínda non atopou unha así.

A ámbolos dous gustaríanos ir a América se tivésemos cartos ilimitados, mais ela a do Sur e eu a do Norte. Atravesar os Estados Unidos en coche é un dos meus soños. Bea tamén ten pendentes certos viaxes, como ir a Croacia e Grecia e mais Marrocos.

Bea prefire viaxar en avión, non coma mín que prefiro o coche. Ela dame a razón en que o avión pode ser mareante e pode dar algo de medo, pero que sempre será máis cómodo. Eu penso que non, que todo o rollo de agardar e pasar os controis non compensa, ademáis, teñolle algo de medo ás alturas. Por iso prefiro o coche ou incluso o tren.

En canto á xente coa que se viaxa, eu prefiro viaxar en parella ou con amigos, aínda que non nun grupo moi grande. Penso que se viaxas máis de 5, sempre xurden conflitos. Tampouco me gusta saír de festa en plan desfase cando estou por aí, porque xa se sabe, as consecuencias se pagan e prefiro estar ben para ver cousas. A Bea gústanlle as viaxes improvisadas, desas nas que non se reserva nada e só se ten un esquema xeral na cabeza do que facer, pero no que nada está seguro, gústalle viaxar con amigos e amigas, iso si, grupos de 5 persoas como máximo, e xente tranquila que non se estrese ao mínimo contratempo nin que teña que telo todo baixo control.

Os nosos traballos

A miña madriña e mais eu temos profesións completamente diferentes. Ela estudou filoloxía galega, e agora traballa como autónoma facendo traducións para editoriais. Eu aínda estou a estudar, e cando remate a carreira gustaríame ser pediatra.

Laura conta que ten un traballo moi solitario, xa que o fai desde a casa soamente cun ordenador e os seus diccionarios. As súas tarefas consisten principalmente en facer traducións, corrixir textos, buscar autores e ilustradores, coordinalos cos maquetadores… Agora mesmo está a traducir material didáctico para nenos de 5 anos.

O traballo de autónoma ten as súas vantaxes e os seus inconvintes. A Laura gústalle ser a súa propia xefa e poder distribuir os horarios ela mesma. Por outro lado é un traballo moi solitario, e ao telo na propia casa é moi difícil para ela desconectar. Antes facía o mesmo traballo, mais traballaba para unha editorial. Conta que bota moito de menos o contacto cos seus compañeiros, e que moitos días segue a falar con eles por teléfono ou correo electrónico.

Agora que xa se afixo a este traballo, gústalle moito. Aínda así, tamén pensa nun futuro adicarse á docencia xa que lle encantan os nenos.

A min tamén me encantan os nenos, e iso é algo que temos as dúas en común. Por iso eu querería adicarme á pediatría. Gústame moito esta rama da medicina e, de feito, estiven a facer prácticas neste servizo case tres meses.

O que máis me gusta da pediatría é estar cos nenos. Sempre tiven unha man especial con eles e encántame xogar cos máis pequenos e facerlles carantoñas. Creo que é a cara máis amábel da medicina, xa que os nenos son moi inocentes e agradecidos. Pero tamén é moi duro ver aos cativos enfermiños, pasando días e días no hospital. Isto é o peor da profesión, aínda que eu penso que son máis os momentos felices.

Outra das cousas que me gusta da miña futura profesión é o contacto coa xente, xa sexan pacientes, familiares ou compañeiros de traballo. Non podería traballar na casa, eu soa, como fai Laura.

As viaxes de Emilio

A Emilio gústalle moito viaxar, e xa o fixo de moitas formas: cunha mochila, autostop, tren… Coñece ben Galicia porque ata que non tivo aforros para viaxar, visitou o máis preto: o seu país. Hai outro que tamén coñece abondo: Portugal. Aló ten coñecidos, ademais de estar preto da súa casa.

Pero tamén foi a lugares máis lonxes, como Irlanda, Occitania, Alemaña, Hollanda… Do Estado español visitou xa o norte (Asturias, Cantabria), Mallorca, Valencia, entre outros sitios. Onde máis estivo, pero, foi en Madrid. De todas estas, a mellor que recorda é unha en Barcelona, cando foi ao concerto de Springsteen cun amigo, dende a Coruña. Pararon no camiño, en Santander, cando viron que había festa, e a improvisación foi o mellor!

Lémbrase doutra viaxe memorable: cun curmán viaxou en coche polo centro de Europa, durmindo no coche e todo. Estiveron no Oktober Fest en Munich, e tamén en Praga, Berlín, Hanover, Amsterdam e moitas máis vilas e pobos.

E agora está a vivir na Habana, que sorte!!

O meu traballo ideal/ real: Inga

Como sería o meu traballo ideal? Sería un traballo que me satisfixese intelectual e socialmente e que me dese suficiente diñeiro para vivir ben. Non esixo que sexa rica có que gañe pero gustaríame ter un soldo có cal me podo permitir vivir ben sen ter sempre que aforrar. Non quero preocuparme como ía a pagar o alquiler, gustaríame poder salir a tomar algo cos amigos, ir a comer fóra a veces, poder ir de vacacións polo menos unha vez polo ano etc. Penso que en iso son bastante representativa da miña xeración: xa non pedimos un soldo moi alto; o que queremos é a seguridade económica, é dicir un traballo fixo, ao mellor un traballo para toda a vida con que se pode vivir dignamente.

En relación á ‘estructura’ do traballo, creo que actualmente xa teño o meu posto ideal – o digamos, un traballo que se achega o máis posible ao que na realidade sexa posible. Primeiro, fago un traballo que é bastante esixente intectualmente: son profesora e investigadora na universidade. Segundo, gozo do privilexio de que o meu campo de investigación é algo que para a maioría da xente é un pasatempo: a literatura. Como estudei filoloxía románica – sendo alemá – ademais de traballar con textos literarios sempre leo tamén textos que primeiro están escritos nunha lingua que non é a miña e que segundo son expresión dunha cultura diferente á miña propia cultura. Así que no meu traballo coinciden moitos intereses meus: a paixón para as linguas, o interese na cultura en xeral, é dicir no arte, na historia, en evolucións sociais etc. e o interese na literatura como unha expresión artística en especial. Supoño que a un historiador – da Historia en xeral o da Historia das bellas artes – o que fago parécelle bastante superficial pero a min gústame sobre o feito que na filoloxía, na investigación de literatura fagamos de todo un pouco: non son experta dun campo moi concreto senon que a traves dos textos podo ocuparme de moitas cousas moi diferentes. No que aquí en Alemaña chámase “Literaturwissenschaft” (ciencia de letras) o análisis formal dun texto literario xúntase ao estudio da época na que o texto surxiu e da época e da sociedade que se representa no texto.

Ata agora, sempre puiden elixir eu o meu obxecto de investigación: podía escribir a tese sobre un único autor, pero a min gústame unha visión un pouco mais amplia, así que na tese describin un desarrollo que empeza co romanticismo e que acaba co surrealismo e que inclúe moitos poetas diferentes. Agora, acabada a tese, podo buscarme un novo tema que me interese. Canto ás clases, é máis o menos o mesmo: podo escoller o tema das miñas clases, soamente teño que tomar en consideración o que dan os meus colegas nos seus cursos para que haxa diversidade para os estudantes. O feito de poder escoller eu do que quero tratar e de poder cambiar de tema regularmente é moi importante para min porque me aburriría moito senon. Por iso ser profesor nun colexio non sería unha boa opción para min. A verdade é que a rutina non me gusta nada. Na facultade soamente hai un curso que teño que repetir regularmente: a introdución ao análisis literario. Ao principio tiña que preparar esta aula moi ben para non fallar. A verdade é que sufrin bastante porque non son moi segura de min mesma e sempre me temía de que puidese fallar, que non conseguise explicar ben e correctamente os modelos teóricos, que os meu coñecementos das tradicións literarias non estivesen á altura das esixencias etc. Logo collin rutina, perdin o medo e desgraciadamente ao mesmo as ganas de dar esta clase. O interesante consiste soamente en ver como os estudantes van comprendendo o que lles explico, pero o que explico, a metria mesma abúrreme eternamente e síntome ridícula porque xa expliquei as mesmas cousas moitas veces; síntome como un papagayo. Por iso encántanme as clases sobre temas descoñecidos: vou aprendendo cousas novas ao preparar as clases.

Algo máis que me gusta moito no meu traballo actual é que os horarios son moi flexibles. Aínda que as clases son sempre a unha hora fixa, eu podía decidir esta hora. Eu non son moi madrugadora. Por iso sería un horror para min ter que traballar moi cedo no día. Para compensar non me molesta traballar moi tarde, a veces ata despois de medianoite. Se non teño clase ou titoría podo traballar na miña casa – ou se fai sol no parque, ao lado do río ou onde queira. Iso tamén mólame moito. Como son unha persoa bastante disciplinada non necesito un despacho fóra de casa e unhas horas fixas que me obrigan a traballar eficazmente. A desventaxa é que nunca me sinto libre do traballo, ni siquiera durante as vacacións. Durante o semestre as clases teñen a prioridade e as investigacións están máis o menos en suspense. Por iso, cando acaban as clases, cando os traballos dos estudantes están correxidos, empeza a fase de investigación. A investigación é moi importante para conseguir un traballo fixo na universidade – e con iso chegamos ao problem mais grande do meu traballo: non é nada seguro. Hai moita competencia e cada vez hai menos prazas fixas: por iso sempre hai moita presión. Sempre tes que intentar de progresar o máis rápido posible coas investigacións para ser máis rápido ca competencia; tes que publicar moitos artículos, pero ao mesmo tempo tes que redactar ‘o teu próximo libro’. A veces teño a impresión que a cantidade é máis importante que a calidade… é absurdo. Ademais tes que ir a congresos para coñecer a xente e para que a xente te coñeza a ti etc. Esa parte ‘conseguir enchufes’ non me gusta nada. Ódiona por principio e porque niso son moi torpe. Pero a veces coñeces a alguen moi interesante como persoa ou a alguen quen traballa sobre o mesmo tema e ‘os enchufes necesarios’ poden resultar moi fructíferos ao mesmo tempo. O meu problema é que a miña felicidade depende moito, demasiado, da xente con quen teño trato: se a xente é agradable estou contenta, se hai conflictos ou comportamentos que non me gústan síntome esaxeradamente mal. O mesmo pásame cos estudantes: se unha clase me gústa depende máis do grupo, da súa colaboración e do seu compromiso na clase que do tema da clase.

Mais, claro, o peor do meu traballo actual é a inseguridade. En xeral, a situación económica está moi mal para os filólogos: ‘non servimos para nada’ dende unha perspectiva económica e por iso non hai moitas prazas para xente como nós. Creo que eu tiña moita sorte de conseguir o traballo na nosa facultade. Ademais agora, sendo doutora, gaño moito máis diñero que antes. Pero o futuro na universidade e sempre moi precario: Os contratos que nos dan son moi cortos e se non te levas ben co teu catedrático non che alarga o teu contrato. O meu problema non é que non me leve ben co meu xefe; o meu ‘problema’ é que el se xubila dentro dos próximos anos e en Alemaña todos os empregados dunha cátedra dependen do catedrático: cando el se xubila (o morre) todos quédanse sen traballo. Ademais en Alemaña xa non existen os profesores titulares: soamente hai contratos temporais para a xente que fai o doutoramentoe para a xente que fai ‘o segundo doutorado’ que se chama a ‘habilitación’. Se te queres quedar para sempre na universidade tes que dar o segundo paso despois da tese – a habilitación – para ser catedrático. Por iso, ao acabar o doutoramento, eu tamén tiña que decidirme: me quedo para ‘habilitarme’ ou me marchou e busco traballo fóra da universidade? Decidín quedarme e correr o risco de non conseguir unha cátedra despois de moitos esforzos. É unha carreira moi arriscada pero polo menos terei traballo para os próximos tres anos; e poderei facer algo que me guste.

Os nosos traballos

Como xa comentei na entrada anterior, agora mesmo eu non estou traballando, só estudando. E a verdade é que tampoco traballei, o que se dí traballar, nunca. Sí que din clases por aí a nenos e tal, pero o que imaxinas por traballo, cun horario fixo e e un soldo mensual non. Así que falarei un pouco da miña carreira, a ver se non os aborrezo.

Pois iso, eu estudo Filoloxía Inglesa. O que mais me gusta da carreira é a sociolinguística (resposta aos meus pais) e poder entender todo o universo angloparlante, desde as series de televisión até as páxinas de internet ou os libros, sen ter que depender de traducións nin dos retrasos que estas ocasionan (resposta ao resto de mundo). O que menos, pois a literatura. E non porque non me guste ler, que me encanta, se non pola forma en que se ensina na Universidade galega. Agás autores moi moi moi destacados tipo Shakespeare, o que se fai é darche uns guións coas características básicas do autor e uns textos de exemplo, e hala, a chapar para o exame. Ese non é xeito de ensinar literatura, é xeito de facela odiar.

Non teño moi claro onde me gustaría traballar cando remate a carreira, pero teño varias ideas na cabeza. Gustariame facer un doutorado, ou se non, ser crítico de televisión anglosaxona…. Pero a verdade é que con que paguen ben e teña algo de relación co que estudei, ben me chega. Ademais, se podo traballar eu só e non en grupo, aínda mellor.

Bea, a miña madriña, tamén traballou dando clases a nenos, pero non lle gustou nada. Tamén traballou en promocións en tendas, dando agasallos cos yogures e tal, pero o odiaba por ter que estar 8 horas ao día de pé e porque todos os encargados que tivo eran uns parvos. Tamén traballou de recepcionista nunha empresa de ferretería de media xornada, onde estivo mellor porque non tiña preocupacións. Agora, Bea acaba de rematar unha bolsa na Asesoría Legal do Concello de Vigo, onde descubriu que prefería traballar en equipo a facelo en solitario, xa que pensa polo menos no ámbito dos avogados, é imprescindible xa que non podes saber de todo, precisas da axuda e coñecementos dos teus compañeiros. Niso é contraria a mín, xa que eu prefiro non ter que depender de ninguén para cumprir as túas obrigas.

Presentación da miña madriña: Déborah

A miña madriña chámase Déborah e ten 30 anos. Naceu en Vigo e alí viviu na casa dos seus pais ata acabar co instituto aos 17 anos. Marchou a Santiago de Compostela para estudar Filoloxía Galega. Como gústaballe moito vivir en Santiago seguiu alí durante toda a súa carreira e incluso durante o seu doutorado. O tema da súa tese era a edición de textos medievais galegos e a lírica medieval. Presentou a tese en maio do ano pasado. Como me confesou que a lingua e a literatura medieval son as súas paixóns supoño que continúa coas súas lecturas e investigacions a pesar de xa ser doutora.
Agora, leva tres anos vivendo en Rennes, na Bretaña francesa. Alí, traballa de lectora de galego nunha das universidades da capital da Bretaña. Como para Aitor en Tübingen, para Déborah, este semestre é tamén o seu último. Cando non da a súas clases de galego vai a cursos de lingua e de cultura francesa para aproveitar o máximo dos seus últimos meses en Francia. Aínda que bota de menos a súa terra, dálle pena de ter que marcharse porque a Bretaña lle gústa en xeral e a cidade de Rennes en especial. Como xa dixen ao principio, ela é de Vigo pero nunca lle molaba demasiado vivir nesta cidade porteña: Vigo é bastante grande e ela prefire vivir en cidades pequenas, en vilas, que aínda son pequenas ofrecen moitas posibilidades culturais. Por iso gústaballe máis Santiago ca Vigo, e por iso séntese moi ben en Rennes. Creo que – polas mesmas razóns – gustaríalle tamén vivir en Tübingen… a verdade é que a min me encantaría poder vivir unha temporada en Vigo, e iso porque eu levo xa demasiado tempo vivendo nunha vila demasiado pequena para o meu gusto.

¿Gústache viaxar?

Ola, que tal vai todo?

¿Gústache viaxar, a ti? A mi, sí! – máis do que nada, ou case máis do que nada. (Hai ainda outros escenarios paradisíacos na vida…)

Eu explícome esta afición polo feito que cando era novo estiven nun internado onde me sentía coma prisioneiro, o que deu orígen a este  desexo intenso, á ansia por horizontes lonxes.

En troco de enumerarvos todolos países a onde xa viaxei dende que tiña 20 anos – i.e. case toda a Europa e alguns países americanos – vou esbozarvos a meta dos meus primeiros anhelos: era (e segue sendo) a punta situada máis ao oeste do continente, á beira do Atlántico. Logo, por conseguinte,  fun primeiro ao Cabo de Finisterre en Francia, para ver, ouvir e sentir o vento, a espuma da auga salada na pel, o tronar das ondas cando se quebrantan nas rochas… Pois máis tarde fun tamén ao Cabo da Roca e ao de S. Vicente en Portugal, – pero ainda non ao de FISTERRA – aï!!

Á miña muller non lle gustan viaxes improvisados, así que todo hai que ser ben organizado de antemán, e tamén con certa comodidade, cando viaxamos xuntos. Por iso, unha vez por ano, ela deixame saír so para que puida satisfacer a miña inquietude. Pero cómpre admitir que xa chegaba aos meus límites, p.e. na montaña, debido á miña idade. Un desexo intenso, a ascención ao Ararat, desafortunadamente non puido realizarse por causa do secuestro duns alpinistas alemanes por kurdos, o que sucedeu pouco antes da saída prevista do noso equipo.

Para as nosas viaxes empregamos todos os medios de transporte posibles, desde os zapatos ata ao avión. Co coche estades independentes e moi flexibles, podedes levarvos tanto bagaxe canto queirades ou mercar regalos máis pesados, unha estatua antiga p.e., á condición que a alfándega o permita.

Pero no estranxeiro tedes que ter sempre moito cuidado, que sexa na circulación, cos prezos de peaxe na autopista, cos ladróns como no sur de Francia. Sen coche non hai tantas preocupacións. Nós xa coñecemos todas as variantes e opcións posibles.

¿Cal sería o sitio ideal para pasar o resto da miña vida? (Emprego o condicional porque se trata só dunha fantasía louca): Imagínome vivir nunha caverna situada á metade da altura dun declive de rocha, digamos de mil metros, con unha pequena terraza, accesible só con dificuldade, e que sobresai á beira dun lago azulísimo, cuxa resaca se ouve por debaixo, e por arriba cun glaciar que me abasteza con auga fresca….   É moi modesto, ¿non é?  “Seica toleaches!” – dime a miña parella , “tes que andar alá so!”  E non dilo só por ser dificilmente accesíbel este meu paraíso imaginario.

¿Queredes vir a visitarme alí? Sodes benvidos!

Entón, ata logo!

Rudolf

Presentación de Rudolf

Ola, bos días, que tal vai todo?

Chamome Rudolf Dorn – “Dorn” significa “espina”, espero que non doa demasiado!  Xa teño 66 anos, e co tantos anos volvin a estudar en Tuebingen, polo menos intentolo. Vivo na provincia, nunha aldeia a 80 kms ao este de Stuttgart, no sur de Alemaña, pero veño do Lago de Constanza, preto da Suiza e Austria.

Ata o ano pasado traballaba como profesor de alemán, francés e español nun instituto, e desde este ano escolar estou xubilado, xunto coa miña muller. Non podo quedar á casa só a mirar o xardín, interesome tanto á lingüística, principalmente á romanística, e como suevo puro (Schwabe en alemán) sinto certa afinidade cos galegos. Por iso quero estudalo de máis preto.

A miña muller traballaba como médica de traballo. Temos dous fillos máis o menos adultos, o fillo co 35 anos é matemático, traballa nunha empresa en posición importante na administración por computador, a filla co 33 anos é osteópata, estudou e vive en Londres desde fai alguns anos.

Das miñas moitas afeccións vou contarvos hoxe só unha que é a principal: son os idiomas – non só romances, pero antes de todo éstes. Un día quería atravesar todo o Norte de España, desde Cataluña ata á Galicia, como “peregrino lingüístico”, falando coa xente nos seus propios idiomas, claro está! Por iso vou á aula de galego co Aitor que me aceptou como participante, o que me fai moi feliz!  Xa aprendin a evitar alguns castelanismos e lusismos, inda que non todos.

Moitas grazas pola vosa paciencia. Despidome cun saúdo -

Rudolf

O meu traballo (Rudolf)

Ola, bos días, boas tardes ou boas noites, como queirades, ¿que tal vai todo?

Hoxe vou contarvos algo sobre o meu traballo: Non é irrelevante saber que xa se acabou fai apenas un ano, isto é que se acabou có ano escolar pasado. Eu fun profesor nun instituto alemán, coas materias francés, alemán, e dende a última década tamén de español, ao cabo dunha formación suplementaria. Ensinaba tamén o Esperanto en aulas facultativas. É un idioma artificial, moi efectivo, bastante fácil a aprender.

Agora teria todo o tempo para retransformar a xungla a carón da nosa casa en xardín, pero interesanme moito máis os estudos de lingüística os que antes non podia profundar como queria. Pero isto non é traballo, é puro pracer.

Na escola gustabame moito andar ás clases de xente nova os que se deixaban facilmente entusiasmar, o que era máis difícil co alumnos de 15 anos p.e. Ás veces chegaba tamén a “contaxiar” os máis vellos, sobretodo nas clases superiores, algunos dos cals agora son estudantes de lingüística.

O que menos me gustou nos útlimos anos eran as clases demasiado grandes, co máis do que 30 alumnos, e isto p.e. en cinco aulas subseguintes, peor inda nas aulas da tarde. Pois o barullo, en parte tamén cando precisaba educalos  antes de comezar a ensinar. A solución serían simplemente clases co menos alumnos, eu diria ata 25 por clase. Pero isto é un problema político-económico, claro está.

Unha cousa que nos facilitaba o traballo e facialo ainda máis agradábel era o bo contacto cos colegas. Sempre intercambiabamos as nosas experiencias e tamés os materiais de ensinanza. E cando tes problemas no traballo, é bo no quedarche só.

Agur e ata logo, Rudolf

O traballo

Emilio e máis eu tivemos unhas vidas laborais moi diferentes: eu son a típica filla de familia catalá burguesa, e Emilio é un traballador de verdade. Xa traballou de peón cando era moi novo, porque non lle gustaba estudar. Aos dezaseis anos traballou na cafetaría da familia, e estudiara o bacharelato polas noites. En cambio eu sempre estudei e só tiven algúns pequenos traballos, coma canguro e clases particulares, nada complicado.

Na Universidade, os nosos camiños xa non son tan diferentes: el estudou filoloxía, e eu literatura. “Xente de letras”! Daquela tamén comezaron propostas de traballo máis interesantes: vender libros na Fnac e facer comentarios de novidades literarias para el, traducións e correccións de textos para min.

Agora mesmo Emilio é o lector de galego na Habana, como xa dixera na súa presentación. Que casualidade, porque eu tamén son lectora. De catalán, claro! Cando remate o lectorado en Tubinga non sei que farei. Mais si sei que algún día me gustaría aprenderlles catalán aos immigrantes en Cataluña, e axudarlles coa integración na sociedade.

Eso é todo, amigos!

Presentación da miña madriña: Lucía

O nome da miña madriña é Lucía. Non ten unha familia internacional coma eu porque os seus pais, avós, avoas, curmáns, tíos… todos son galegos. Só ten unha tía brasileira, pero leva tantos anos en Galicia que xa é unha galega máis.

É tradutora, ten 26 anos e leva una anos vivindo polo mundo adiante: Bélxica, Reino Unido, Alemaña (viviu en Mannheim) e agora en Irlanda. Traballa nun proxecto de investigación irlandés na universidade de Limerick, onde tamén da clases de tecnoloxías da tradución.

O seu deporte favorito é o fútbol, xoga nun equipo e ten que entrenar dúas veces por semana. Di que non é un deporte moi feminino pero que a ela gústalle moito.

Como hobbies ten o de escoitar música en directo, sair de festa cos seus amigos, ir ao cine e os ordenadores… encántalle a informática, recentemente comprou otro ordenador máis e está xa probando todo.

jan

Presentación: Inga

Chámome Inga, son de Hannover, unha cidade no norte de Alemaña. Estudei filoloxía románica e literatura comparada en Bonn. Agora xa teño 33 anos e son profesora de literatura francesa e española na Universidade de Tübingen. Durante dous anos compartín o despacho con Aitor, o noso lector de galego, e como el é un misionario da lingua galega non deixou de preguntarme cando ía a participar nas súas clases atá que por fin fun. Se me acordo ben, levo xa 3 anos indo as clases de galego e gústame bastante. Entretanto, Aitor e eu, xa dimos unha clase sobre Rosalía de Castro e, actualmente, unha sobre Manuel Rivas. A verdade é que sempre era a estudante menos traballadora de Aitor – coa excepción do semestre pasado no que quería pasar o CELGA; naquel semestre, creo, fun a estudante ideal. Irónicamente, a Xunta suprimou os exames de CELGA para aquelas fechas… sigo co CELGA 1. Sen embargo, hoxe en día, sei ler (e escribir, espero) en galego, pero o falar non funciona tan ben como debía. O problema é que me fai falta a práctica. Gustaríame moito ir a Galicia para coñecer a xente de alí e falar a súa lingua. Ademáis acabo de acabar coa miña tese e, agora, quero traballar na novela memoríalistica española incluyendo a literatura galega (e quizáis a catalana). A ver se podo conseguir algunha bolsa para investigar en Galicia….

Presentación: Jan

Ola a todos!

Antes tarde que nunca… a miña presentación de: eu mesmo!

O meu nome é Jan. Dende fai cinco semanas, estou aprendendo o galego con Aitor, o noso lector de galego aquí en Tübingen. Teño 27 anos e estudo filoloxía alemana e española na universidade de Tübingen, Alemaña. Veño aínda máis do sur de Alemaña (a miña casa parental é situada non máis que dez kilometros da fronteira con Suiza), pero quixen estudar aquí.

Estudo linguas porque gústame ler libros na version orixinal e poder falar cos outros nas súas linguas maternas cando viaxo polo mundo. Pode ser que isto é porque a miña familia está vivindo en diferentes países do mundo. Teño unha familia moi internacionala. Por citar algúns exemplos: o meu pai era checo, a miña avoa era rusa, o meu tío vivía nos Estados Unidos, a miña tía vive en Grecia, e neste momento só o meu tío vive tamén en Alemaña, pero lonxe, en Hamburgo! …como digo: moi internacional! Polo tanto non temos moita vida familiar – pero como mínimo fiz bos amigos aquí en Tübingen ;-)

Teño moitas afeccións. Por riba de todo, gústame facer teatro. Fai dous anos que fago de director dun grupo de teatro de estudantes. Nestes momentos estou traducindo la obra Así que pasen cinco años de Federico García Lorca que montamos en alemán neste semestre. Tamén toco a guitarra clásica e xogo baloncesto… e claro: aproveito das posibilidades da universidade de Tübingen: á parte del galego, tamén estudo catalán con Clara que é tamén estudante do galego …todos unha gran familia de afeccionados das linguas!

Puh! Definitivamente debo mellorar o meu galego, pero neste blog aínda haberá moitas ocacións. Nada máis que dicir de momento…

Unha aperta,

jan

O seguinte traballo

Ola a todas! Vexo que estades a traballar moi ben. Gustáronme moito as vosas presentacións e mais as que fixestes dos vosos padriños e madriñas. Parabéns!

Para a vindeira semana querería que fixésedes unha pequena reflexión sobre o traballo. Cal sería o voso traballo ideal? Que preferides: ter máis tempo ou máis cartos? Que cousas vos gustaría ter? Que é o que menos vos gustaría? E as vosas madriñas e padriños, de teren traballo, como son? Que fan? Cales son as súas vantaxes e inconvenientes?

Seguimos a escribir e seguimos a ler.

Unha aperta e feliz semana!

O meu padriño: Xesús

O meu padriño chámase Xesús e é un mozo de Ribadavia, unha vila que se atopa a 30 Kms da cidade de Ourense.  Ten 26 anos e estudou o ciclo superior de Integración Social primeiro, e despóis fixo a diplomatura de Traballo Social.

Sempre chamoulle moito a atención a temática social e por iso escolleu este eido de estudo e traballo.

Agora vive en Ribadavia e traballa no Concello de Barbadás, preto da cidade de Ourense.  Desenvolve as funcións como animador sociocultural nunha Casa da Xuventude.

Xesús ten moitas afeccións, entre outras: ler, o cinema, pasear, a música, mais sobre todo encántalle o teatro.  Tamén lle gusta moito escoitar á xente e espertar sorrisos entre a xente que lle rodea.



Presentación da miña madriña: Carmen

A miña madriña chamase Carmen, ten trinta anos e vive nunha  cidade marabillosa do sur de Galicia:  en Vigo.

Tamén está estudando outra vez (coma eu), animouse a facer un mestrado en edición porque lle gusta moito o mundo editorial, sobre todo a corrección de textos. Traballa como autónoma para varias editoriais facendo traballos de corrección de textos literarios galegos, e tamén traducións do castelán cara ó galego. Amais está aprendendo o francés, pero se interesa tamén a comezar co xaponés ou co chinés!

Ainda vive cos seus pais, pero ten ganas de ter a sua independencia coma o seu irmán maior. Parece ser moi activa, incluso deportista, porque na foto moi bonita, moi simpática  que me mandou se ve cun macuto. E gustalle nadar, o que é natural para galegos.

Espero que nos poidamos botar unha man reciprocamente, que sexa no traballo ou nos estudos.

Rudolf

A miña madriña: Bea

Ben, pois nesta segunda entrada vouvos presentar á miña madrina, Bea.

O seu nome completo é Cristina Beatriz, aínda que lle adoitan chamar Bea ou incluso na familia, Beti. É de Vigo, onde vive cos seus pais e a súa irmá de 21 anos, que estuda Farmacia en Santiago. Ela ten 26.

Aínda que ela quería estudar Historia da Arte, ao final decidiuse polo Dereito, carreira da que está tentando sacar a derradeira asignatura. Porén, a súa perspectiva da carreira mudou cando foi escollida entre máis de cen persoas -porque foi a única que enviou o seu currículo en galego, e ao non haber ningún con expediente brillante, iso foi moi valorado- para unha bolsa desas nas que cobras cero euros na Asesoría Xurídica do Concello de Vigo, onde tivo unha grande experiencia. Estivo desde xullo do ano pasado até o pasado venres.

Ten un mozo filólogo e lector de galego en Faro, Portugal. En canto a gustos, gosta moito da música e de ler, e encántalle a fotografía, de viaxar polo mundo aínda que polo momento só se pode permitir facelo con Ryanair, e poñer puntos suspensivos nos emails…

E xa nada máis, a verdade é que semella moi simpática ela!

A miña madriña: Laura

Boas outra vez!

Neste segundo post quérovos presentar á miña “madriña”, Laura. Ten 29 anos e naceu en Celanova, na provincia de Ourense, aínda que desde hai xa un tempo vive ela soa en Vigo. Visita sempre que pode a súa vila natal, onde ten ós seus pais e ó seu irmán, de 34 anos.

Estudou filoloxía galega, e adicouse  á ensinanza e a traballar en varias editoriais. Agora é autónoma, polo que ten uns horarios máis flexíbeis e, como ela di, só precisa dunha conexión a internet e dun ordenador para facer o seu traballo.

Igual ca min, a Laura gústalle moito viaxar e andar polo mundo. De feito este mesmo mes vai ir uns días a Pompeia cunhas amigas… Que envexa!

O meu padriño: Emilio Xosé

Chámase Emilio Xosé, pero prefire só Emilio. Ten vinte e nove anos  e é de Ferrol, unha vila industrial e militar, mais toda a súa familia pertence a unha pequena aldea das montañas interiores. Tamén pasou dez anos na Coruña estudando e traballando. Agora mesmo é o lector de galego na Habana, mais por problemas burocráticos aínda está en Galicia, esperando poder ir dunha vez por todas a Cuba.

Emilio di que coñece pouco de Catalunya; estivo dúas veces de visita a Barcelona e pouco máis. Pero do Raval pode falar xa moito porque o coñece ben, ficou moi fascinado por este barrio.

Presentación Laura

Ola a todos,

eu son Laura e son unha rapaza de Madrid, mais este ano vivo na cidade de Tübingen porque estou de Erasmus.   Teño 22 anos e estudo filoloxía alemá, por iso estou aquí , para mellorar o meu alemán.  Tamén aproveito para estudar outras linguas como galego, catalán ou neerlandés. Gústanme moito as linguas.  Tamén me gusta moito a lingüística, por iso estudo filoloxía.

A miña familia é aparentemente moi normal; eu vivo na miña casa de Madrid cos meus pais e co meu can.  Non teño irmáns, son filla única .  O noso can vive con nos dende fai xa 13 anos e queremolo moito.  Non só teño familia en Madrid, a familia da miña nai é de Guadalajara, porque ela é dunha vila pequena da zona do alto texo.  Tamén hai familia do meu pai en Extremadura e en outras zonas do estado español.   Incluso temos curmáns en Alemaña e Francia,  cousas da inmigración dos anos 60.

Teño moitas afeccións,  como por exemplo ir ao cine ou ler. É  evidente que me gusta ler, xa que estudo filoloxía,  mais prefiro o cine.  Tamén me gusta moito a música.  Toco o saxofón e en Madrid podo tocar cos meus compañeiros de clase e coa xente da banda da escola onde estudo.  Aquí en Tübingen tamén podo tocar cunha amiga q toca o piano e con outro amigo que canta música popular.  A música en xeral gústame toda, mais os meus tipos favoritos son o ska,  punk, rock e jazz.

Este é o primeiro ano que estudo galego e a verdade é que me gusta esta lingua. Paréceme moi divertida e sempre é interesante coñecer culturas e linguas novas.  Ademáis é importante estudar e falar o galego para que non poidan acabar co  os gobernos de dereitas.

unha aperta para todos!

Laura

Presentación: Tatiana

Boas a todos!

Eu son Tatiana, unha estudante de galego na Universidade de Tübingen. Este ano estou en Alemaña de Erasmus, mais eu son da Coruña e estudo medicina en Santiago de Compostela. Sei que soa un pouco estrano que faga un curso de galego xusto o ano que paso no estranxeiro, e máis sendo unha persoa de ciencias, pero que mellor que estudar a miña lingua para non esquecer de onde veño e ter menos morriña!

Teño 23 anos e estou a facer o meu sexto, e en teoría último,ano de carreira. Desde que me lembro, sempre quixen ser médico. Non sei de seguro que tipo de especialista quero ser, pero a vocación é algo que sempre levei dentro de min. Ademáis este ano estou estudando alemán e perfeccionando o meu inglés, xa que penso que os idiomas nunca están de máis en ningunha profesión, e menos na miña, onde tes que estar ó tanto dos artigos e publicacións a nivel internacional.

Aquí en Alemaña vivo co meu mozo nun apartamentiño da universidade, situado nun barrio de estudantes. O certo é que está un pouco lonxe do centro e das facultades, mais temos buses cada pouco tempo que nos conectan co resto da cidade. É unha boa zona para vivir, xa que estamos no alto dun pequeno monte, con moitas árbores que nos aíllan das estradas. Mais o mellor de todo é que case todos os nosos amigos e compañeiros viven preto de nós

Na miña casa na Coruña, soamente somos tres, os meus pais e mais eu. Gran parte da miña familia vive lonxe, e teño parentes nas Canarias, no País Vasco, en Alemaña ou incluso en Indonesia polo que se podería dicir que as ganas de aventura e de saír fóra de Galiza, ainda que só sexa por un tempo, veñen de familia.

Unha das miñas afeccións é viaxar. Este ano estame a dar a oportunidade de ver moitos lugares que non coñecía, e non só en Alemaña. Toda Europa ten cidades marabillosas que dificilmente podería visitar estando na casa cos meus pais. Outra das cousas que me gusta facer no tempo libre, agora que se achega o verán, é pasar as tardes ó sol, xa sexa tomando un xeado cos amigos ou simplemente lendo un libro sentada á sombra dunha árbore.

Seguirémosnos coñecendo neste blog, unha aperta,

Tatiana

Presentación: Fran

Boas a todos!

Chámome Francisco López, e son alumno de galego na Universidade de Tübingen, Alemaña. Teño 24 años, e son da Coruña, mais estou aquí durante un ano de Erasmus. A todo o mundo que lle digo que estou aquí estudando galego sóalle estrano, pero penso que aínda que só sexa un ano, se estás lonxe da terra hai que procurar non perder o contacto con ela. E que menos que estudando unha vez máis o noso idioma propio, para non perder a soltura e para acougar un pouco a morriña, que sempre a hai. E porque non, se me serve para convalidar por créditos de libre configuración, pois benvido sexa… :) Ben, díxenche que estudo galego como asignatura, mais non che dixen que carreira fago. Estou estudando o que agardo sexa o meu derradeiro ano de Filoloxía Inglesa. Non houbo ningunha razón especial para escoller isto, non foi por vocación nin amor á lingua. Sinxelamente, entre as opcións que tiña era a que máis me atraía. Físicamente, pois son un mozo normal. Mido 1.80, co cabelo curto e negro e ollos marróns, aínda que tapados por unhas lentes que levo desde que era un meniño.

A miña familia é a típica familia, nai, pai e dous fillos, eu e o meu irmán de 22 años. En Coruña vivimos todos xuntos nun piso a carón do mar. Mais en Alemaña estou a vivir nun apartamento de 30 metros cadrados da universidade coa miña moza, Tatiana, que tamén e alumna de Aitor e tamén está de Erasmus. Estuda Medicina na Universidade de Santiago, e tamén está no derradeiro ano da licenciatura, mais logo de rematala ten que facer o MIR e a especialidade, así que lle faltan uns cantos anos para rematar de estudar. Ela tamén posteará por aquí, se non o fixo xa.

En canto ás miñas preferencias, gústame moito as series de televisión, podo estar seguindo 20 ao mesmo tempo sen esaxerar, mais non todo na vida é a caixa tonta. Tamén gosto da lectura, penso que un bó libro sempre é unha boa compañía. Non che son moi deportista, mais o ocasional partido de baloncesto ou de fútbol si que o boto. además, góstame moito a Historia, e a miña parte preferida son as dúas Guerras Mundiais, aínda que máis a segunda que a primeira. Quizáis ese sexa un dos motivos polo que estou en Alemaña e non no Reino Unido, onde será o lóxico pola miña carreira, ou en Italia, onde sería o lóxico pola fama que ten entre os Erasmus… Alén diso, pois o típico, ir ao cinema, saír polas noites cos meus amigos… o normal, vaia.

Pois nada máis que dicir, xa nos leremos por aquí!

Presentación persoal

Ola!!

Que tal? Eu son Clara e teño 24 anos. Veño de Girona, unha cidade de Catalunya que é pequena e moi bonita. Mais agora vivo en Tubinga porque estou a aprender catalán aos estudantes da Universidade.

É un proxecto moi positivo para min; séntome coma nun conto, nesta cidade! E os estudantes son en xeral moi agradables, e as clases tamén, claro. Así que agora estou a aprender alemán e galego. Antes non tiven nunca oportunidade de aprendelo, pero agora que podo, aínda que sexa en Alemaña, pois aproveito a ocasión. Aínda sóo levo unha clase oficial, pero xa sei un pouquiño porque escoito ao lector e a súa parella, e teño moito interés en aprendelo. Así que ás veces vexo unha serie galega que poñían hai alguns anos, e estou a ler “O lapis do carpinteiro”, porque tamén fago un curso de Manuel Rivas.

Unha aperta grande!

Clara

Presentacións…

Creo que sería interesante que nos fósemos presentando para coñecérmonos mellor. Esta é a miña presentación:

Chámanme Aitor e son o lector de galego en Tübingen dende o curso 2005-2006.

Os comezos, como supoño que lles aconteceu a moitas lectoras e lectores antes, non foron sinxelos: outro país, outro idioma, outra xente, outros costumes e outro xeito de ver a vida. Ao principio, sobre todo ao acabar de chegar a un sitio novo, é normal botar de menos as cousas que un non ten. Ai, a saudade! Os primeiros meses pasoume iso pero, pouco e pouco, cando un viaxa sen cartas de navegación mais cos ollos ben abertos comeza a descubrir todas esas cousas especiais que nos dan os sitios que visitamos e as persoas que coñecemos no camiño. Afortunadamente aportei nunha facultade onde a xente me acolleu e acompañou neses momentos difíciles.

Considérome unha persoa normal, aínda que algúns din que son algo bohemio porque o que máis me gusta é ler, viaxar, xogar á billarda, durmir moito, a boa comida, a boa bebida e pasalo ben coas amigas e amigos. Gusto moito do Spätzle, os Maltauschen, a Pfannkuchen, as Bratwurst, as cervexas alemás, as Schnellballen e xa probei as Geschnetzeltes, aínda que isto non significa que esqueza o sabor do polbo, do peixe, das androllas, do viño de Amandi, das castañas ou das filloas cando chega o tempo da matanza.

Andar en bicicleta sobre a neve, adaptarse ao calendario de recollida e separación do lixo, o gusto polos xardíns, a puntualidade, os horarios das comidas, os mercados de Nadal… son cousas que xa forman parte de min. Alemaña e Galiza son dous países ben diferentes, sabémolo, mais vívese moi ben aquí. Despois de todo, dar un paseo en Stocherkähne é case tan divertido coma xogar un partido de billarda.

Agora tócavos a vós!

Aquí estamos!

Ola estudantes de galego!

Este é o blog da aula de lingua galega do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Tübingen.

Querémosvos dar a benvida ao noso espazo!

Aquí imos escribir as nosas tarefas para a clase e as nosas preguntas e dúbidas sobre a lingua galega.

Agardamos a vosa colaboración.

Un saúdo dende Tübingen.

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.